rocío brage - Eu quería estar en calquera lugar menos aquí
do 9 de abril ao 4 de maio de 2010
 
     
 

Rocío Brage
Ferrol, maio do 74

 

Titulación de Filoloxía Galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, no 1998. Titulación de Técnico Superior en Fotografía pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, no 2000. Becada por la Fundación Obra Social Caixa Galicia para a realización dun máster na Escuela de Fotografía EFTI de Madrid nos anos 2001-2002. Participa en diversos talleres e cursos fotográficos impartidos por algúns dos máis importantes fotógrafos nacionais: Alberto García Alix, Isabel Muñoz, Ouka Leele, Humberto Rivas, Chema Madoz, Carlos Cánovas, José Manuel Castro Prieto, etc.; así como en diversas Jornadas de Estudio de la Imagen organizadas pola Dirección General del Archivos, Museos y Bibliotecas de la Comunidad de Madrid.

Exposicións individuais: Eu quería estar en calquera lugar menos aquí , exposición fotográfica na Galería Sargadelos de Ferrol, no 2010; Ultimísimos. Fase2. Proxecto artístico do Centro Cultural Municipal Torrente Ballester de Ferrol, no 2008; Arquitecturas Imposíbeis, exposición fotográfica na Casa da Cultura do Concello de Pontedeume, dentro do ciclo de exposicións do Outono Fotográfico; Nebula, exposición fotográfica na Galería Sargadelos de Ferrol, no 2007.

Exposicións colectivas: Nous Ponts, exposición de intercambio cultural entre Tarrasa e Ferrol, no 2010.

Na actualidade imparte talleres de fotografía na Universidade da Coruña.

Identifícase con estas palabras de García Alix:

Jugar con el exceso de ver y de verme.
Delimito el espacio.
Delimito el cómo y el dónde mirar.
Mirar por la cámara protegiéndome y encerrándome por fin en mi mismo.
Tras la cámara me convierto en un cíclope.
Un único ojo anhelante.
La toma fotográfica me lleva al trance.

 

 
 
inicio > sala de exposicións > exposición > artista
   
artista
obra
inauguración
 
exposición
actual
exposicións
anteriores